martes, 17 de junio de 2014

Proxecto HAPPY


         Os alumnos de sexto estiveron a traballar dende fai dous meses na elaboración dun videoclip musical. A canción que elixiron foi Happy de Pharrell Williams
       Foron moitas horas, moitos días esperando que saise o sol que tanto se resistía en aparecer nestes meses, moitos, moitísimos vídeos os que foron necesarios para ao final...resumilo todo en pouco máis de catro minutos. 
      Pero sen dúbida, este traballo servíu para que compartiran moito tempo xuntos, para que colaboraran os uns cos outros e para que poidesen levar este recordo do seu paso polo CEIP de Curtis. 
      Esperamos que vos guste o vídeo.


                                      











No hay comentarios:

Publicar un comentario